jueves, 2 de julio de 2009

Mimosa entre as mimosas

Quizais o feito de nacer no mes de maio tiña algo que ver con ela mesma, coa súa forma de ser. O feito de nacer en primavera, xunto coas mimosas. Adoraba perderse nese doce aroma para atoparse logo no aparente sin sentido dun poema. Para ela a poesía é o lugar ó que chega despois de terse perdido, descifrando as razóns do aparente sin sentido. No mesmo acorde de benestar se conxugaban a mimosa e o poema. Sinte que naceu cun desexo irrefreable de unir letras para unir palabras para unir frases que unan sentimentos. Quere sumerxirse en mares de fantasía e imaxinación procurando neles a ilusión que moitas veces pretende roubarlle a crúa realidade.E non había mellor época ca das mimosas para reencontrarse a ela mesma no soneto de cada día, tecendo versos, cosendo soños co fío das ilusións… elaborando o seu propio vestido de mimosas.